venres

Unha forte aperta e moitos animos a D. José Teixeira

Angoares a 22 de Abril de 2017

Estimado D. José Teixeria:
Dende o club Teabikes de Ponteareas, queremos mandarche unha aperta e moitos ánimos logo do fatal percance de trafico sufrido estes días.
Esperamos poder volver a verte no teu mellor estado o antes posible facendo gala  da túa profesionalidade, e dos anos que traballaches en prol do ciclismo de base.
Unha vez mais dende o noso pequeno e modesto club recibe unha gran aperta, e moitos  ánimos e agradecerche as reivindicacións publicas para que os que dirixen este pais, tomen mais medidas para unha practica segura do deporte que compartimos.
Atentamente
Xosé Henrique González Lago

Presidente TEABIKES