venres

A FIRMA MAXI DIEZ REDONDELA RENOVA CON TEABIKES

Angoares a 28 de Abril de 2017


A  firma Modas e Complementos MAXI DIEZ rexentada por JAVI RIAL situada en Redondela, renova un ano mais o seu compromiso co apoio o deporte base co club Teabikes.
Logo dunha reunión o seu responsable Javi Rial por parte de Modas e Complementos Maxi Diez tenda Redondela co presidente do club Xosé Henrique González, acorda un ano mais o apoio o deporte base.
O club TEABIKES agradece   este gran  apoio e recoñece o gran esforzo do pequeno comercio en prol do deporte base, desexándolle sempre o mellor.
O apoio fará posible o mantemento do club e a incorporación de novos rapaces as escolas.
O seu logotipo permanecera na equipación e recorrera todo o calendario  de  probas do minibtt por Galicia así coma as probas de escolas de carretera onde participen, sen descartar as probas onde participen o grupo master, será visible tamén no blog de internet  do club.