domingo

MINI BTT ARTEIXO

Noé Arauxo no seu primer día.
Comezaba este fin de semana o minibtt, a primeira proba das dezanove calendadas este ano no calendario Galego, que levara os clubs mais comprometidos con este deporte a levar os seus raiders por Galicia en diante.
A cita era en Arteixo, e nun dia espectacular a cita rompeu co teito de participacións o haber un total de 380 raiders, dende os que se iniciaban ata os que xa estarán este ano na última categoría.



A cita  viña marcada por algunhas deshavenencias dentro do comité de árbitros o facer folga, tendo que a propia comisión de MiniBTT e Federación asumir as tarefas de arbitraxe.
Uxía Fernández na saída
O club Teabikes de Ponteareas asistía a cita, con ánimos de desfrutar un día, e así sucedeu.
En categoría Promesa femina debutaba Uxía Fernández que completando tres voltas o circuíto moi duro no seu inicio remataba a proba moi contenta.
Iago González celebrando o seu 4º posto
En categoría de Promesa masculino debutaba Noé Araúxo,  con licenza un dia probaba o minibtt e seguramente repetirá.
Xa en categoría Alevín Ivan de Sousa, debido a unha forte lesión non puido tomar a saída, pero si quixo desprazarse ata Arteixo dándolle moitos folgos os seus compañeiros.
Ivan de Sousa co seu amigo Ivan de Betanzos.
En categoría Infantil o turno era para Iago González que se estreaba en categoría e nunha excepcional saída como nos ten acostumbrados  resistía o envite dos bikers de segundo ano, onde  mantivo o pulso o longo das catro voltas nun circuíto moi duro, técnico e explosivo, e firmou a cuarta posición do podio.

As caídas foron outra parte do dia de onte, onde é algo habitual.