domingo

III MINIBTT DE POIO


O PONTEAREAN IAGO GONZALEZ VOLVE LIDERAR O RANKING GALEGO (CATEGORIA INFANTIL)

O club Teabikes de Ponteareas ven de asistir a novena proba do calendario Galego de minibtt, a data coincidente coas festas locais mermou o numero de participantes, con telon de fondo a illa de Tambo e cunha temperatura de 28º grados, desenrolouse a proba, e ata ali desprazaronse Uxía Fernandez de categoría promesa femina que lograba rematar na sexta posición a un circuito a unha volta.

Xa en categoría infantil Iago González chegaba empatado a puntos no ranking co corredor do C.C Marin, e logo dunha saída onde un corredor anticipouse o silvato do xuiz arbitro e intentando desculparse freou, o que provou un momento de tensión xa que os biker da zona dereita da saida, e xa coa saida lanzada tiñan que frear para esquivalo.

O biker Pontearean pasaba a sexta posición , nun circuito a tres voltas foi recuperando posicións ata chegar a visualizar o segundo, pero sen poder desputar esa praza.

Un terceiro posto que suma 140 puntos e sabe como un primeiro, xa que volve liderar o ranking e que aumenta en quince puntos co rival mais directo do C.C MARIN.
Iago González corredor de primer ano na categoria leva unha excepcional loita carreira a carreira e nas nove probas desputadas sen baixarse de postos de podio.

A proxima cita será o dous de xullo en Betanzos.







Fotos Luz iglesias.......