mércores

MINI BTT RIA DE MARIN

Oitava proba do calendario Galego de Minibtt, e o club nos trasladabamos ata Marin, no monte Xaxan onde o C.C.Marin organizaba o evendo deportivo.

Uxía a piques de entrar en linea de meta. Foto Luz Iglesias.

Ata ali desprazabase Uxia Férnandez a raider promesa femina de primeiro ano na categoria, e a duas voltas a un circuito tecnico conseguia rematar na sexta posición, a raider tivo  unha bonita loita pola quinta praza de podium pero finalmente non puido ser.



Uxia nas voltas de quecemento.Foto Luz Iglesias

Xa en categoría Infantil a quenda foi para Iago González, o raider de primer ano na categoría fixo unha excepciónal saida comandando a carreira un primeiro cuarto, a partir de ahi, o corredor local do C.C Marin tomou a cabezeira e foi o final onde o Pontarean reducia a distancia en 15 segundos pero sen poder dar caza o primeiro.
O circuito de Infantiles foi a unha volta e desenrolouse no circuito de XCO nun 90% do seu trazado, onde hai que destacar o tecnico e as compricacións do deseño asi como unhas desproporcionadas subidas que neste caso se lle aplicaron os raiders das Escolas de minibtt. Para o Teabikes a Federación mirou para o otro lado e deu por bo algunhas zonas  de excesiva pendente.
O club Felicita o raider pola magnifica loita neste primer cuarto de temporada onde neste momento vai primeiro empatado a puntos co corredor do C.C Marin.

Tamén o club lamenta a actitude dalgunhas persoas que invaden o circuito  tendo que moitas veces botar o pé a terra.



Iago González en pleno salto.Fotos Luz Iglesias.




Iago recollendo o trofeo de segundo clasificado. Fotos Luz Iglesias.