domingo

SEPTIMA PROBA MINIBTT CAMBADOS

O Ponteareán Iago González obtén o cuarto posto do Podio en Cambados.




O club Teabikes de Ponteareas desprazábase ata Cambados, concretamente ata o monte Pastora, era o lugar da proba, un circuíto a catro voltas moi técnico e con desniveis propios dun circuíto do campionato europeo.

Iago González, en categoria raiña, como infantil de primer ano lograba o cuarto posto do podium.

O raider chegaba de líder do ranking e conseguía por un lado aumentar en cinco puntos o terceiro pero cedía dez puntos co segundo, así e todo o Ponteareán ségueo liderando con cinco puntos sobre o corredor do CC.Marín.

O ponteareán o mellor infantil de premer ano na categoría, lanzábase na saída a tope impoñendo un ritmo que so foi superado por tres corredores de segundo ano na categoría.

O club  felicítao pola coraxe na loita que esta dando esta temporada, onde subiu o podio nas sete probas disputados, tamén moitos ánimos para os promesas Uxía Fernández que dando duas voltas os circuito conseguia rematar a proba  e a Noè Arauxo que foi embestido a poucos metros da saída tendo que ser asistido polos servizos medicos, os mais cativos demostran que o mellor premio e a participación.


Algunhas fotos son de LUZ IGLESIAS.