 |
Alexi na saída |
O Club escola Teabikes desprazábase
este fin de semana ata Arteixo, concretamente o club organizador o Arteixo mb3 deseñaba
un circuíto nas instalacións do moto club salta montes, onde centos de
corredores déronse cita na primeira xornada do calendario Galego do Minibtt
(xco-cross country olímpico).
Un circuíto de características moi
duras para as categorías mais cativas, e tamén duro e moi técnico para as
restantes.
 |
Uxía recollendo o quinto premio |
A primeira proba do calendario Galego
estivo marcada por un sorteo de clubs onde dun total de 35 o TEABIKES obtivo a
mala sorte de saír de último en tódalas grellas de saída en tódalas categorías.
O Ponteareán Alexi de Vito inauguraba
a saída na súa categoría promesa onde un total de 69 rapaces tomaban a saída e
remataba no posto 59 no seu premer éstreno.
Na mesma categoría pero femina Uxía
Fernández dun total de 14 corredoras e saíndo dende atrás conseguía colarse en
postos de podio colgándose a medalla de quinta clasificada. A ponteareán foi
remontando postos nun circuíto onde adiantar era moi complicado, debido as caídas,
e desmontes das corredoras.
Xa en categoría Infantil e categoría
reina o Ponteareán Iago González cun total de 49 participantes na saída e
saíndo de atrás, este facía o que xa ten acostumado o publico que o sigue, que
foi remontar posto a posto a ta chegar a primeira posición, varias caídas de
xente dobrada e atascamentos nas subidas onte algúns biker as fixeron a pé,
fixo que as ventaxas acumuladas as perdese e
que finalmente entrase segundo na liña de meta a escasos catro segundo o
gañador.
 |
Iago na segunda praza de podio |
O Ponteareán sube así por segunda vez
o segundo posto de poido xa que en escolas de carretera xa se había estreando,
e sumando os seus primeiros 145 puntos no ranking galego de minibtt, que o
levara xa a próxima proba en Bembrive- Vigo a saír na primeira linea de saída.