mércores

Trofeo Presidente O PORRIÑO



Alexi recollendo as medallas
O Club escola Teabikes desprazábase este fin de semana ata O Porriño para disputar a proba de escolas carretera e participación na ginkana.
Ata alí chegaron Noé,Mateo,Karim e Alexi onde nas súas monturas disputaron xunto a 69 raider a ginkana individual, os catro que son biker de minibtt probaron sorte nesta modalidade, e obtiveron unha merecida recompensa dunha medalla de participación, por parte do club organizador o C.C SPOL dirixido por D.Horacio Barros.
En categoría Infantil o exceso numero de inscritos e a estreiteza do circuíto levou un ano mais a facer varias clasificatorias para a final, primeiro os numero pares e logo os impares.
O Ponteareán Iago González impúxose sin problemas na primeira manga clasificatoria dando catro voltas escapado.
Xa na final, o Ponteareán tentouno varias veces pero non puido facer a escapada e nun sprint final entrou nunha moi meritoria cuarta posición.
Mateo
Karim
Noé
Momento da escapada protagonizada por Iago na primeira manga

A próxima cita da escola será en Bembrive- Vigo para disputar a segunda proba de minibtt do calendario..