mércores

TROFEO CARBALLO

Este fin de semana tomaba saída Iago González na proba de carreteira de Carballo, unha proba accidentada dado a mala dirección arbitral o non excluír os dobrados do circuito, algo que afectou negativamente no desenrolo da proba. Pero a traca final estaba no final, cando o TEABIKES gañaba limpamente o corredor rezagado do CORTIZO que en vez de sprintar e coller o lado bo cara a meta situase atrás dun dobrado.
A amistade entre o os directivos do club e os árbitros deron por boa unha reclamación que fixo o corredor do Cortizo o dicir que o dobrado estorboulle o ir cara a meta...
Así e todo fora a corrupción deste deporte, o TEABIKES felicita o seu corredor IAGO GONZÁLEZ o verdadeiro loitador e gañador da proba.

O corredor de Ponteareas chegou ir escapado, pero os dobrados nas baixadas  fixeron imposible a súa continuación. Ainda que ían ser un total de 14 voltas a disputar o final por mor dos permisos coas administracións viuse recortada a 10 voltas... tamén afectou a caida na categoría cadetes, que retrasou o evento un pouco.