mércores

I Mini btt en ARTEIXO

Alexi na saída
O Club escola Teabikes desprazábase este fin de semana ata Arteixo, concretamente o club organizador o Arteixo mb3 deseñaba un circuíto nas instalacións do moto club salta montes, onde centos de corredores déronse cita na primeira xornada do calendario Galego do Minibtt (xco-cross country olímpico).
Un circuíto de características moi duras para as categorías mais cativas, e tamén duro e moi técnico para as restantes.
Uxía recollendo o quinto premio
A primeira proba do calendario Galego estivo marcada por un sorteo de clubs onde dun total de 35 o TEABIKES obtivo a mala sorte de saír de último en tódalas grellas de saída en tódalas categorías.
O Ponteareán Alexi de Vito inauguraba a saída na súa categoría promesa onde un total de 69 rapaces tomaban a saída e remataba no posto 59 no seu premer éstreno.
Na mesma categoría pero femina Uxía Fernández dun total de 14 corredoras e saíndo dende atrás conseguía colarse en postos de podio colgándose a medalla de quinta clasificada. A ponteareán foi remontando postos nun circuíto onde adiantar era moi complicado, debido as caídas, e desmontes das corredoras.
Xa en categoría Infantil e categoría reina o Ponteareán Iago González cun total de 49 participantes na saída e saíndo de atrás, este facía o que xa ten acostumado o publico que o sigue, que foi remontar posto a posto a ta chegar a primeira posición, varias caídas de xente dobrada e atascamentos nas subidas onte algúns biker as fixeron a pé, fixo que as ventaxas acumuladas as perdese e  que finalmente entrase segundo na liña de meta a escasos catro segundo o gañador.
Iago na segunda praza de podio
O Ponteareán sube así por segunda vez o segundo posto de poido xa que en escolas de carretera xa se había estreando, e sumando os seus primeiros 145 puntos no ranking galego de minibtt, que o levara xa a próxima proba en Bembrive- Vigo a saír na primeira linea de saída.