domingo

Gran Premio de TEIS

O club ciclista TEIS organizou o Gran Premio dirixido a escolas e máster, desta volta as previsións de choiva fixeron que os mais cativos non participasen, e tamén por que algúns optaron polo minibtt.
En categoría Infantil o único representante do club Iago González e logo de correr o dia anterior en Redondela obtiña unha moi meritoria terceira praza de podio.
O dia non foi fácil para Iago, xa que na terceira volta un enganchon entre os corredores do Farto e Barbanza impactou sobre el, causándolle unha pequena ferida e desmontándolle a cadea, momento que foi aproveitado polo corredor do cidade de Lugo e Barbanza que meteron bastantes metros de distancia.
Iago solventou o problema e foi en caza dos dous escapados, faltoulle un pouco xa que os visualizou na recta de chegada a meta.

A próxima cita será este fin de semana en Baños de Molgas Ourense, onde Iago esta convocado coa selección Galega, para disputar os campionatos de España Escolares.