xoves

Mini BTT Ponteareas

A escola TEABIKES estibo representada na minibtt de Ponteareas por Karim e Mateo en categoría Benxamín, Alexis e Uxía en categoría Promesa, xa en alevin foi Iago Carrera e infantil Iago González.

Karim e Mateo en categoría benxamín remataban a proba pola metade da táboa, ámbolos dous fixeron unha excelente participación.


En categoría promesa femia a Uxía se lle escapaba postos de podio logo de ter un incidente mecánico na primeira volta na zona dos dubis, aínda así remataba nunha meritoria sexta praza.

En categoría promesa Alexis tentábao pero de momento aínda e pronto dado que aínda leva moi pouco tempo nos circuítos Galegos.

En categoría Alevin  Iago Carrera pagaba a falta de puntos na saída, e o tiña que facer dende atrás de todo cun total de 70 participantes foi imposible coller posicións dianteiras, así e todo fixo unha moi boa participación.


Xa en categoría reina Iago González que viña do campionato de España de carretera, fixo unha de esas saídas que de momento ningún raider e capaz de facer, o exceso de potencia nas súas pernas o cabo de 450 mts xa cando tiña a primeira posición, levouno a retirarse dado que a cadea da bicicleta non aguantou a súa potencia de pedaleo, un mal sabor de boca, dado que a carreira era na casa.

Pouco que dicir do mellor raider Galego