martes

Mini BTT SALCEDO

A escola TEABIKES desprazábase ata Salcedo - Pontevedra para disputar a proba de minibtt organizada polo club Farto.

Dous representantes acudiron a cita, en categoría Promesa Femia, Uxía Fernández acadaba unha sexta praza nunha carreira a dúas voltas nun circuíto moi duro e partes moi técnicas. 
En categoría Infantil Iago González nun circuíto a tres voltas penalizaba saíndo da terceira parrilla de saída, polas ausencias e os últimos abandonos por rotura.


Nunha saída pausada pola cabeceira, e en cincocentos metros o Ponteareán xa chegaba a cabeza e ata segunda volta liderou a proba, e foi nese momento cando tivo que parar, o ver que o freo traseiro quedou sen liquido, nun intento de rematar a proba o Ponteareán rematou na cuarta praza, facendo milagres nas ultimas baixa cara meta.
Os dobrados nun circuito extremadamente corto foron outros dos atrancos dos que non se puido esquivar




A mala sorte segue perseguindo o raider Ponteareán, que a pesar de todo conseguiu subir a podio na cuarta posición.