CLUB ESCOLA TEABIKES PONTEAREAS

Etiquetas
- 2013 Fundación
- 2014 TV mini btt
- 2014 VIGO BIKES CONSTEST
- 2015 ENDURO
- 2015 Entrenamentos
- 2015 Mini Btt
- 2015 Premios
- 2016 Carretera
- 2016 Duatlón
- 2016 Entrenamentos
- 2016 Entrenamentos Mini Enduro - DH
- 2016 Mini Btt
- 2016 Mini DH
- 2016 TV
- 2017 Carretera
- 2017 ELIMINATOR KIDS
- 2017 Entrenamentos
- 2017 Mini Btt
- 2017 TV
- 2018 Carretera
- 2018 Mini Btt
- 2018 TV
- 2019 Escolas Carretera
- 2019 Minibtt
- 2019 minidh
- 2020 ENDURO
- Axudas públicas
- Campeonato España Infantil
- Colaboración Xtrembike 2016
- Colaboración Xtrembike 2017
- Colaboradores 2019
- Coñece o meu club
- COÑECE O MEU CLUB 2017
- COVID 19
- CSD
- DHU 2019
- DUATLON 2019
- ENDURO 2017
- Enduro 2018
- Ensino Ponteareas
- Entrenamentos 2018
- Formación
- FORMACIÓN 2019
- Iván González
- Lotería Nadal
- Novas
- Portugal
- PORTUGAL 2020 XCO
- Rutas
- TAXAS LICENCIAS 2020
- XCO INTERNACIONAL
- XCO NACIONAL OPEN ESPAÑA
luns
Concentración "Non mais mortes nas carreteras"
Durante a proba de minibtt toda a familia unida do minibtt, familias, raiders e público fixeron unha fotografia de apoio a campaña Non mais mortes nas carreteras, concentración que se levou a cabo a mesma hora en moitas cidades de toda España.
MINI BTT DE O PORRIÑO
Sexta cita do calendario de minibtt de Galicia, e a quenda era para a asociación Avanza de O Porriño a que organizaba a cita, onde escolleron o seu lugar de entreno as instalacións do Velodromo Municipal.
O deseño do circuito foi a modo de laberinto, onde unha primeira parte era moi lenta e tecnica debido a arenilla da zona interior do velodromo, xa no seu exterior seguia a modo ratoneira con centos de viraxes con dificultade, practicamente sen tramos de velocidade.
O club TEABIKES chegaba cos raiders Uxía Fernandez prebenxamin femina que viña de facer a septima posición en Ponteareas, pero a raider non
![]() |
A piques de sair |
Saída de Uxía |
tivo o seu mellor dia e perdia moito tempo logo do desmonte da cadea, moita xente mirando pero practicamente sen axudas, e acabou as duas voltas.
O circuito de promesa foi moi duro para os que practicamente acaban de iniciarse.
Uxia camiño da meta |
Na mesma categoría en promesa masculino a quenda foi para Noé Arauxo, que modo de kamizade o pequeno raider lanzaba a sua bicicleta polos saltos e ramplas demostrando a sua tecnica.
A dureza do circuito fixo que non puide adiantar, xa que os monticulos postos na pista central, provocou moitas caidas, e embotellamentos, tendo que desmontar en moitas ocasións. Conseguiu rematar as duas voltas o circuito.
Noé sorteando un obtaculo ante unha montonera. |
Noé camiño da meta |
Iago Carrera encarando a baixada |
Iago Carrera camiño da meta |
![]() |
Durante as probas producironse moitas montoneras |
En categoria reina a quenda foi para Iago González que chegaba de lider do rankin con 25 puntos de ventaxa sobre o segundo e que conseguia rematar cunha meritoria quinta praza de podium, cedendo 15 puntos, pero mantendo o liderato agora mesmo con dez.
Saida espectacular de Iago González
|
O circuito ratoneiro non permitiu realizar unha boa carreira, e os problemas de saúde durante a semana fixeron o resto.
Dende a dirección deportiva trasladouse a felicitacion os biker, recordanlles que o mais importante a participación e que xa viran mellores tempos.
Tamén se felicitou o organizador por haber tido en conta nos avituallamentos os rapaces celíacos.
domingo
martes
MINI BTT PONTEAREAS
O pasado domingo asistiamos a minibtt de Ponteareas, corriamos na casa, nunha proba organizada polo C.C Ponteareas, que apostou por un circuito en modo laberinto, plano en dous niveis, nunha saida en subida, rodador na primeira parte e na zona alta con agarre tamén a modo laberinto.
Abria a proba a promesa femina Uxía Fernández que fixo unha fenomenal carreira, esta xa a sua cuarta proba disputada, era quen de adiantar algunhas das suas compañeiras.
![]() |
Uxia recollendo a súa medalla de participación |
![]() |
Noé a piques de sair |
Na mesma categoría pero en promesa masculino a quenda foi para Noé, que na súa segunda proba disputada e estreando bicicleta de 26" foi quen de adiantar a alguns dos seus compañeiros.
En categoría Alevin masculino de primer ano o turno foi para Iago Carrera que na sua nova montura de 27,5 e nun circuito a catro voltas o raider fixo un excepcional papel na sua terceira proba disputada, pouco a pouco vaise incorporando.
mércores
MINI BTT PAZOS DE BORBEN
O club Teabikes desprazábase ata Amoedo, Pazos de Borbén foi
a cuarta proba de minibtt, e tivo lugar no antigo campo de fútbol e
arredores de Amoedo- Pazos de Borbén, o
Club Ciclista Redondela organizaba o evento.
O club Teabikes felicita o C.C. Redondela pola implicación na
hora do avituallamento os raiders celíacos, algo que ata esta fecha foi o único
en telos en conta.
Tamén felicita a Asociación Aspavi pola fabricación artesanal dos trofeos.
![]() |
Uxía Fernández preparandose para a saída |
Xa no ámbito deportivo foi unha maña que ameazou choiva, que
quedou nunhas sinxelas gotas pasaxeiras, xa que o longo do desenrolo da proba o
dia foi fenomenal.
Ata alí desprazáronse Uxía
Fernández en categoría Promesa femina que o longo de tres voltas tivo unha bonita loita pola antepenúltima
posición durante toda a carreira.
![]() |
Iago Carrera estreando bici na saída da proba |
En Alevin masculino o
turno era para Iago Carrera, que nunha categoría de mais de cincuenta bikers e nunha saída algo
atascada foi remontando posicións ata rematar a proba que se disputou a cinco
voltas, non pudendo evitar ser dobrado na ultima volta.
Na categoría Infantil
ou categoría reina o turno era para Iago González que chegaba de líder do ranking
cunha diferenza de 15 puntos sobre o seu mais directo perseguidor.
![]() |
Iago González celebrando os seu primeiro posto |
O Pontarean estivo a piques de non poder tomar a saída, logo
de rebentar a súa roda de competición traseira
nas voltas de entreno, sen que se puidese reparala a tempo, pero a sorte estibo
da súa parte o levar o equipo unhas rodas de reposto.
Xa na saída, impuxo o seu ritmo e situouse líder, levando o corredor
do C.C Marín durante as sete voltas.
Foi un autentico espectáculo e os asistentes non daban crédito
pola pugna que durante as sete voltas o Pontarean de primer ano na categoría resistía
unha e outra vez os envites do corredor do C.C Marín de segundo ano na categoría.
![]() |
Borja do Ponteareas tamen tivo o seu trofeo cos infantis |
Nos últimos douscentos metros de meta o biker do C.C MARIN
daba o seu ultimo ataque a un todo ou nada, despegándose uns metros do
Pontarean, pero a precipitación e o cansancio fixo que se tivese que esquivar
dun corredor dobrado, optando por pasar por un buraco que o levou a probar o
estado da terra, momento este que o Pontarean culminou a súa fazaña, gañando a
proba, e volvendo a sumar 150 puntos do ranking e metendo 10 puntos mais
de distancia co segundo.
martes
FORMACIÓN
O club recollia onte na Deputación de Pontevedra o diploma acreditativo de haber participado nas xornadas de formación para Técnicos.
luns
III Minibtt Esmelle - Ferrol



Volta a volta ata completar as catro distintos ataques, fixo que os corredores se fosen distanciando, marcado por un duo cabezeiro do Coruxo e Maceda, seguido do Teabikes,Avanza e Marín,
Pouco a pouco so quedou o grupo de cabeza de Coruxo e Maceda e polo medio Avanza,Marin e Teabikes, que sufria o esforzo dos ataques nas primeiras voltas, pero o Pontarean recuperouse e e foi quen de recortar a distancia que lle habia metido o corredor do Marín e practicamente ata os ultimos metros a cuarta posicion non tivo dono.
Finalmente Iago Gonzalez entraba na quinta praza, o club o felicita pola gran batalla que este ano esta dando, e ve como carreira a carreira ten que plantar cara os corredores de segundo ano.
![]() |
Iago celebrou o sua quinta posición provisional |
O club anunciaba xa no día de onte a reclamacion do cuarto posto o entender que houbo unha vulneracion no artigo 10.2 do regulamento de Escolas de carretera onde matiza que os corredores deben ter un descanso entre probas de alo menos dous dias, agora tocalle a Federación emitir o seu fallo.
Categoria Infantil Bembrive - Vigo Mini BTT
domingo
MiniBTT Bembrive - Vigo
Segundo asalto o calendario Galego do MiniBTT, o club
ciclista Vigués organizaba a proba no parque forestal de O pouso en Bembrive, e
coa colaboración da Entidade Menor, un espazo moi ben coidado e lugar
excepcional para unha proba deste tipo.
O club Teabikes de Ponteareas achegábase para participar e
dar a oportunidade de introdución o mundo do ciclismo a novas figuras, quen sabe, si algún dia poden ser unha das grandes figuras do ciclismo español.

Xa en categoría Promesa femia Uxía Fernández facía o
propio xa na súa segunda proba disputada, tamén era quen de rematar a súa volta
completa.

Xa en categoría reina, Infantil, o turno era para Iago González que no seu primeiro ano
na categoría esta metendo os codos para certificar que a súa máxima puntuación
no ranking no ano 2014 e 2016 non foi froito da casualidade.
Nun circuíto a catro voltas, rápido nos seus dos primeiros
cuartos , técnico e rompedor no seguintes cuartos con subidas dun altísimo
desnivel e con moito agarre e
desgaste na última parte.

O club felicitou a todos pola participación, xa que é do que
se trata.
venres
Segunda MiniBTT BEMBRIVE-VIGO

Maña desprazaremosnos ata Vigo o IV Trofeo E. L. M. de Bembrive, celébrase o sábado, día 6 de Maio, na área Recreativa do Pouso, a partir das 16:30 horas. Varios centenares de mozos de toda Galicia daranse cita nesta proba, que xa alcanzara un gran éxito nas edicións anteriores.
Celebrarase sobre distintos circuítos, cuxas lonxitudes oscilan entre os 750 metros e os dous quilómetros.
A proba conta co patrocinio da Entidade Local Menor de Bembrive
martes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)