luns

MINI BTT DE O PORRIÑO

Sexta cita do calendario de minibtt de Galicia, e a quenda era para a asociación Avanza de O Porriño a que organizaba a cita, onde escolleron o seu lugar de entreno as instalacións do Velodromo Municipal.

O deseño do circuito foi a modo de laberinto, onde unha primeira parte era moi lenta e tecnica debido a arenilla da zona interior do velodromo, xa no seu exterior seguia a modo ratoneira con centos de viraxes con dificultade, practicamente sen tramos de velocidade.

O club TEABIKES chegaba cos raiders Uxía Fernandez prebenxamin femina que viña de facer a septima posición en Ponteareas, pero a raider non
A piques de sair
Saída de Uxía
tivo o seu mellor dia e perdia moito tempo logo do desmonte da cadea, moita xente mirando pero practicamente sen axudas, e acabou as duas voltas.
O circuito de promesa foi moi duro para os que practicamente acaban de iniciarse.



Uxia camiño da meta


Na mesma categoría en promesa masculino a quenda foi para Noé Arauxo, que modo de kamizade o pequeno raider lanzaba a sua bicicleta polos saltos e ramplas demostrando a sua tecnica.
A dureza do circuito fixo que non puide adiantar, xa que os monticulos postos na pista central, provocou moitas caidas, e embotellamentos, tendo que desmontar en moitas ocasións. Conseguiu rematar as duas voltas o circuito.

Noé sorteando un obtaculo ante unha montonera.
Noé camiño da meta
Na categoría de Alevín masculino a quenda foi para Iago Carrera, que tivo a mesma sorte que o resto dos seus compañeiros, o excesivo numero de corredores e os obstaculos de terra na primera parte fixo que as montoneras foran habitual, unha vez  e outra vez. Iago conseguia rematar a proba dando todalas voltas, pero con dificultades tendo que parar moitas veces polos atrancos.


Iago Carrera encarando a baixada
Iago Carrera camiño da meta
Durante as probas producironse moitas montoneras

En categoria reina a quenda foi para Iago González que chegaba de lider do rankin  con 25 puntos de ventaxa sobre o segundo e que conseguia rematar cunha meritoria quinta praza de podium, cedendo 15 puntos, pero mantendo o liderato agora mesmo con dez.
Saida espectacular de Iago González




Iago González saltando a rampla



Iago González resistindo a sua 5 posición


Iago González recollendo o premio de 5 clasificado
O circuito ratoneiro non permitiu realizar unha boa carreira, e os problemas de saúde durante a semana fixeron o resto.

Dende a dirección deportiva trasladouse a felicitacion os biker, recordanlles que o mais importante a participación e que xa viran mellores tempos.

Tamén se felicitou o organizador por haber tido en conta nos avituallamentos os rapaces celíacos.