mércores

MINI BTT PAZOS DE BORBEN

O club Teabikes desprazábase ata Amoedo, Pazos de Borbén foi a cuarta proba de minibtt, e tivo lugar no antigo campo de fútbol e arredores  de Amoedo- Pazos de Borbén, o Club Ciclista Redondela organizaba o evento.
O club Teabikes felicita o C.C. Redondela pola implicación na hora do avituallamento os raiders celíacos, algo que ata esta fecha foi o único en telos en conta.

Tamén felicita a Asociación Aspavi pola fabricación artesanal dos trofeos.

Uxía Fernández preparandose para a saída
Xa no ámbito deportivo foi unha maña que ameazou choiva, que quedou nunhas sinxelas gotas pasaxeiras, xa que o longo do desenrolo da proba o dia foi fenomenal.
Ata alí desprazáronse Uxía Fernández en categoría Promesa femina que o longo de tres voltas tivo unha bonita loita pola antepenúltima posición durante toda a carreira.




Iago Carrera estreando bici na saída da proba 
En Alevin masculino o turno era para Iago Carrera, que nunha categoría de mais de cincuenta bikers e nunha saída algo atascada foi remontando posicións ata rematar a proba que se disputou a cinco voltas, non pudendo evitar ser dobrado na ultima volta.






Na categoría Infantil ou categoría reina o turno era para Iago González que chegaba de líder do ranking cunha diferenza de 15 puntos sobre o seu mais directo perseguidor.
Iago González celebrando os seu primeiro posto
O Pontarean estivo a piques de non poder tomar a saída, logo de rebentar a súa roda de competición   traseira nas voltas de entreno, sen que se puidese reparala a tempo, pero a sorte estibo da súa parte o levar o equipo unhas rodas de reposto.
Xa na saída, impuxo o seu ritmo e situouse líder, levando o corredor do C.C Marín durante as sete voltas.
Foi un autentico espectáculo e os asistentes non daban crédito pola pugna que durante as sete voltas o Pontarean de primer ano na categoría resistía unha e outra vez os envites do corredor do C.C Marín de segundo ano na categoría.



Borja do Ponteareas tamen tivo o seu trofeo cos infantis
Nos últimos douscentos metros de meta o biker do C.C MARIN daba o seu ultimo ataque a un todo ou nada, despegándose uns metros do Pontarean, pero a precipitación e o cansancio fixo que se tivese que esquivar dun corredor dobrado, optando por pasar por un buraco que o levou a probar o estado da terra, momento este que o Pontarean culminou a súa fazaña, gañando a proba, e volvendo a sumar 150 puntos do ranking e metendo 10 puntos mais de  distancia co segundo.