martes

MINI BTT PONTEAREAS


O pasado domingo asistiamos a minibtt de Ponteareas, corriamos na casa, nunha proba organizada polo C.C Ponteareas, que apostou por un circuito en modo laberinto, plano en dous niveis, nunha saida en subida, rodador na primeira parte e na zona alta con agarre tamén a modo laberinto.

Abria a proba a promesa femina Uxía Fernández que fixo unha fenomenal carreira, esta xa a sua cuarta proba disputada, era quen de adiantar algunhas das suas compañeiras. 


Uxia recollendo a súa medalla de participación
Noé a piques de sair
Na mesma categoría pero en promesa masculino a quenda foi para Noé, que na súa segunda proba disputada e estreando bicicleta de 26" foi quen de adiantar a alguns dos seus compañeiros.
En categoría Alevin masculino de primer ano o turno foi para Iago Carrera que na sua nova montura de 27,5 e nun circuito a catro voltas o raider fixo un excepcional papel na sua terceira proba disputada, pouco a pouco vaise incorporando.




Iago Carrera quentando antes de sair

Na categoria reina Infantil, o turno foi para Iago González  o infantil de primer ano fixo a sua saída expectacular  e comandou a proba ata a segunda volta, a partires de ahi foi adiantado polo corredor do CC.Ponteareas e foi quen de ir a sua roda toda a terceira volta, xa na cuarta Iago perdia metros o encontrar os primeiros dobrados, e finalmente un dobrado mais na zona de paso unico  fixo que parase, dandolle caza o corredor do C.Coruxo Anxo Carril, foi a cincocentos metros de meta, e un ataque deixou sen opcions da segunda praza.
Pola parte do TEABIKES fixose unha reclamación a Federacion Galega o haber un incumprimento do gañador tal como indican as normas de prohibido ser asistido en avituallamento polo equipo ou persoas, polo que agora será a Federación quen teña a ultima palabra.

A dirección tecnica do TEABIKES clarifica que a estratexia foi sair a tope o ver o do C.C Ponteareas non levava auga xa dende a saída, sabendo que con 28º de temperatura seria imposible que aguantase o ritmo.

Aquí deixamos o enlace onde se ve claramente como o incumpremento das normas por parte do gañador cambiou o final da carreira... agora toca saber si a Federación acata o que di o regulamento ou non.



Outro incidente pero desta vez mecanico foi a rotura de cadea a 10 minutos antes de sair da proba, que finalmente solucionamos















Iago recollento o Trofeo o terceiro posto


O club tamén recibiu a sauda do ILMO Alcalde D. Xosé Represas e polo concelleiro de Deporte D. Benito Marquez, onde mantivose unha charla sobre distintos temas, referentes a peticions do club e da propia competición.