domingo

MiniBTT Bembrive - Vigo

Segundo asalto o calendario Galego do MiniBTT, o club ciclista Vigués organizaba a proba no parque forestal de O pouso en Bembrive, e coa colaboración da Entidade Menor, un espazo moi ben coidado e lugar excepcional para unha proba deste tipo.
 O club Teabikes de Ponteareas achegábase para participar e dar a oportunidade de introdución o mundo do ciclismo a novas figuras, quen sabe, si algún dia poden ser unha das grandes figuras do ciclismo español.



Estreábase xa como corredor oficial do club Noé Araúxo, un promesa de primeiro ano na categoría, que nos daba unha lección o rematar o circuíto completo dunha volta, un circuíto moi técnico e de moito agarre.





Xa en categoría Promesa femia Uxía Fernández  facía o propio xa na súa segunda proba disputada, tamén era quen de rematar a súa volta completa.







Iago Carrera estreábase na categoría Alevín, o biker de primeiro ano na categoría probaba sorte, e comprobaba o nivel do resto dos seus compañeiros, que pedalada a pedalada tamén remataba o circuíto dando un total de cinco voltas. Dende o club felicitámolo pola excelente participación súa primeira proba.



Xa en categoría reina, Infantil, o turno era para Iago González que no seu primeiro ano na categoría esta metendo os codos para certificar que a súa máxima puntuación no ranking no ano 2014 e 2016 non foi froito da casualidade.
Nun circuíto a catro voltas, rápido nos seus dos primeiros cuartos , técnico e rompedor no seguintes cuartos con subidas dun altísimo desnivel  e con moito agarre e desgaste  na última parte.
Logo de facer a súa espectacular saída o numero 46 metía mais de doce segundos o primeiro grupo perseguidor,  unha invasión de pista por parte duns corredores que andaban a xogar, nunha das partes mais rápidas do circuíto , fixo que se volvesen a reagrupar, e ahi comezaba de novo,  un ataque do corredor do Marín, metía metros por diante, e a loita concentrouse na segunda posición, mentres Iago González trataba de reducir distancia co corredor do Marín, o corredor do Caimáns de Betanzos  ia a roda  co obxetivo da segunda praza, o desgaste sen axuda fixo que a cen metros de meta  corredor Pontareán cedera a súa segunda praza, e rematar terceiro.

O club felicitou a todos pola participación, xa que é do que se trata.