luns

A XUNTA CONCEDE O 80% DUNHA SUBVENCIÓN DUN FURGON



maqueta similar o modelo mercado


Neste mes de decembro a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Deportes, firmaba a través do seu responsable D. José Ramón Lete Lasa, a resolución onde o TEABIKES é beneficiario dunha subvención por valor do 80% para mercar un furgón.


A executiva do club levou a cabo a operación e o modelo escollido e un Renault Trafic , a empresa afortunada foi RODOSA SL.


Unha vella loita do club que agora se ve recompensada para facilitar os desprazamentos as competicións e entrenamentos do nenos e material deportivo.


So nos queda agradecer a Consellería de Deportes da Xunta de Galicia así, coma os seus responsables esta inversión, que recaerá nos futuros ciclistas do deporte base do club TEABIKES.
En breve faremos a presentación publica e o seu diseño final.

domingo

MINIBTT CORUXO

Última proba do calendario Galego de minibtt e a Ponteareán Uxía remataba en Coruxo na quinta praza de podio despois de facer unha excepcional saída, o circuíto sumado as altas temperaturas foron pasando factura, así e todo unha excepcional temporada da raider, que no ultimo tramo de temporada tivo uns resultados excepcionais. Parabéns¡¡!!




MINI DH CORUXO

Ata CORUXO- VIGO desprazábase Alexy e Uxía, finalmente e ante unha pequena lesión so tomaba a saída Uxía en categoría Principiante que logo de dúas mangas a raider do TEABIKES era quen de firmar a quinta praza de podio, nesta última proba.





luns

Minibtt MEDELA CERVO

Ata terras de CERVO -LUGO desprazouse a escola do TEABIKES para disputar a minibtt organizada polo club MEDELA, na súa primeira organización dun evento de escolas, escolleron un circuíto técnico e moi esixente no aspecto físico.
En categoría principiante femina Uxía alcanzaba a cuarta posición de podio, logo dunha excepcional saída.


venres

MINIBTT CAMBRE

O Club TEABIKES chegaba ata Cambre para disputar a proba de minibtt ata alí chegaba Uxía despois de recuperase da carreira de O Carballiño onde unha mala indisposición levouna o abandono.
Tamén foi baixa, Noé onde un accidente domestico apartouno do que queda do calendario galego, para el  unha pronta recuperación.

Ata Cambre chegou Uxía, e nun circuíto a dúas voltas a Ponteareán firmou unha sexta praza.






luns

MINIBTT MACEDA

Ata Maceda chegaron varios raider do TEABIKES, finalmente e coa choiva e o mal tempo so tomou a saida en categoria Principiante femina Uxia.
O clube Maceda tratou de minimizar o impacto da choiva colocando varias carpas para os mais cativos, pero a decision final de participar no noso caso sempre e dos pais e nais.

Nun circuito moi vistoso, a raider Pontarean firmou unha sexta praza.

Hai que salientar que na vispera desta proba celebrouse a parte do minidh de Xunqueiras de Espadañedo, o tradicional paseo do Vagalume pola vila de Maceda ata o Castelo, e logo alguns optaron pola acampada nas inmediacions do circuito e as piscinas municipais.

MINI DH XUNQUEIRA DE ESPAÑEDO


En Xunqueiras de Espadañedo celebrouse a primeira edición do minidh, en categoría principiante un total de catro corredoras aparecian inscritas, pero nos entrenamentos previos oubo dous abandonos, polo que a raider Pontareana tiña a opcion de loitar pola primeira posición.
E a piques estivo de facelo, xa que a sua rival na segunda manga tivo unha caida, pero fixo valer o tempo da primeira manga, Uxia neste caso sin contratempos e ningunha das mangas non foi quen de mellorar o tempo da corredora do Coruxo. Paraben a todas!!!!

venres

Minibtt Salcedo

O club ciclista Farto organizou a proba de minibtt nos montes de Salcedo unha excelente organización, un lugar privilexiado onde a comunidade de Montes de Salcedo adica un espazo para a practica deportiva dos mais cativos, nada que ver co que ocorre no Condado.

Nun circuíto moi coidado e moi traballado a Ponteareán Uxía na categoría Principiante fixo unha excelente participación dando un total de dúas voltas, un fallo na súa bicicleta, concretamente no desmonte da cadea fixo que nesta volta firmase unha ultima posición do total de participantes.
Cousas que ocorren cando a mecánica e a sorte non acompaña, a próxima cita será en monte Xaxán en Marín.

xoves

Minibtt Ponteareas

O calendario Galego de minbtt chegou ata Ponteareas, aquí na propia terra disputouse a proba no circuíto de entrenamento do CC.Ponteareas.
O Teabikes que arrastra unha serie de baixas moi consideradas dos seus raider por  enfermidades, e por cuestións de custodias de nais e pais, fixo que fose unha única representante a que defendera con moito impetú os colores do club.
En categoría principiante femina Uxía lanzábase a un circuíto de dúas voltas, nunha excelente saída a Ponteareán de premer ano meteuse nas primeiras posicións, e foi a finais da primeira volta onde   nunha curva de terra batida levouna o chan. Así e todo, sen ningún dano remontou e fixo un bo rexistro asinando a sexta praza na chegada a meta.
A próxima cita será en Ferrol.


Minibtt Vilaboa

O club ciclista val de Ulló organizou a proba do minibtt do calendario galego, ata alí dous raiders disputaron a proba, por un lado Noe, na categoría principiante e a seguir Uxía, ambos remataron sendas probas, nun circuíto extremadamente duro para os cativos, que tivo como factor negativo unhas moi altas temperaturas.

sábado

Rematou o colexio

O pasado martes desprazabamos ata Taboexa nun dia de entrenamento e aproveitando chegamos ata o circuíto de motocrós de Taboexa unha onde os xa veteranos aparecían despois dun duro proceso escolar.


MINIBTT SANXENXO

SANXENXO acolleu a nova cita do minibtt, organizada polo club Corbelo. Os raider chegados de todas las partes de Galicia déronse cita, para disputar esta nova proba do calendario.

Uxía en categoría principiante femina facía unha excepcional saída, na cabeceira do grupo, e que nas tres voltas que durou, ía perdendo algunha posición ata firmar a septima praza.


Ciclimo Escolas Bembrive - Vigo

Ata Bembrive chegaba Noé para disputar a ginkana organizada polo CC.Vigues unha das mellores ginkanas polo seu deseño nunha tarde excepcional, o Ponteareán fixo unha excepcional participación.


martes

Mini DH RIBADUMIA

Ata Ribadumia chegaba a única representante do TEABIKES nunha especialidade onde este club ten moito que dicir.
A Ponteareán Uxía acadaba a segunda praza e a piques estivo de facerse coa primeira, nunha excepcional participación fixo un descenso impecable onde foi un mínimo tempo coa primeira clasificada.Dende o club queremos darlle os nosos parabéns!!

Minibtt Baño de Molgas

A seguinte cita do calendario chegou ata Baño de Molgas organizada pola ADO MOURE e  nunha excampionato de España de BTT.

Ata alí chegou Uxía que en categoría Principiante de primeiro ano fixo unha excepcional participación onde a Ponteareán loitou ata os últimos metros pola sexta praza coa corredora do Coruxo, pero finalmente entrou na septima praza.Unha moi boa participación nun circuíto esixente cun total de tres voltas.

Minibtt de Esmelle

Nova xornada de competición e ata Ferrol, concretamente ata o valle de Esmelle chegaba Uxía para disputar na categoría de principiante a proba encaixada no ranking Galego. Unha moi meritoria sexta praza foi o resultado de esta excepcional participación. Moi ben Uxía.


domingo

Mini BTT de POIO

Ata o monte da escusa no alto de Poio chegaba a única representante do club TEABIKES para disputar a proba de minibtt en categoría principiante, a Ponteareán fixo unha boa saída e nunha excepcional participación a piques estivo de entrar na quinta praza, finalmente unha moi meritoria sexta praza nun circuíto cunha moi boa organización.



Minibtt Ribadumia

Ata Ribadumia chegaba Alexis en categoría promesa B, a disputar as dúas voltas da súa proba, un circuíto deseñado con moitos obstáculos e moi divertido, e así foi como rematou o raider Ponteareán as súas voltas.
En categoría principiante feminina Uxía acababa a oitava praza, un circuíto a dúas voltas moi divertido e con moitos obstáculos, nunha tarde onde o protagonista foi o calor.

Minibtt BEMBRIVE - VIGO

Ata Bembrive Vigo chegaba a disputar a nova proba de minibtt, Alexis que en categoría Promesa B completaba as dúas voltas o circuíto facendo unha excelente participación.
Xa en categoría principiante A masculino Noe nun circuíto deseñado a dúas voltas lanzouse pola carreira pero a mala sorte fixo que na saída tivese un desmonte de cadea, xa na segunda volta e unha vez recuperando moitas posicións, unha nova avaría deixouno fora dos dez primeiros postos.
En categoría principiante femina Uxía marcaba o oitavo mellor rexistro onde a Ponteareán non se amidonou a súas rivais de segundo ano.
Un dia fantástico onde o principal obxectivo era participar.

mércores

Minibtt O Porriño

Este sábado dábase a terceira cita do calendario Galego de minibtt organizado pola AD Avanza e que escolleu desta volta o monte da Risca, deseñou un moi bo trazado para os mais cativos.
Cunha boa organización do evento deportivo tomaban a saída as 10 da maña, e en categoría promesa b estreábase este ano Mateo que a dúas voltas o circuíto remataba as voltas acordadas pola organización.
Xa en feminas e categoría principiante Uxía lanzábase o ataque nunha saída fantástica onde se situou na terceira praza, pero o inimigo non foron os rivais senón o barro que había na maior parte do circuíto e que relegouna a unha meritoria septima praza.
En categoría principiante Noe tamén facía unha moi boa participación, a medida que corrían mais categorías o terreo era mais brando e tivo que facer grandes esforzos para poder manterse enriba da montura, así e todo rematou as dúas voltas facendo unha moi boa participación.

Minibtt en Arteixo

A segunda proba de minibtt chegou ata terras de Arteixo, onde o club mb3 organizou a proba no circuíto do club Saltamontes.

Cunha excelente organización humana e nos propios deseños dos circuítos, tomaron a saída os dous raiders do TEABIKES que ata alí se achegaron en categoría principiante.



Uxía, que saia na primeira parrilla de saída, acadaba unha meritoria sexta praza logo de dar as tres voltas nun circuíto dun km de distancia, deu a batalla ata os últimos metros intentando acadar quinta praza.


Xa en principiante Noé arrancaba a súa primeira participación dende atrás de todo penalizado por non ter puntos no ranking, nunha saída excepcional colocouse nos doce primeiros da proba, pero na segunda volta, un desmonte de cadea con caida incluída deixouno sen opcións de rematar a proba.








A próxima cita será en O Porriño.


O club Teabikes agradece a Estudio de Fotografía M de Arteixo,  a autorización de publicación dalgún do seu material fotográfico.

sábado

MINI DH URBAN EN MONDARÍZ

Un detallazo de Borja posando cos raider do TEABIKES
Ata Mondariz desprazase Uxía e Noé ambos na estrea de categoría principiante para participar na dh urbana organizada polo CC.Ponteareas  en homenaxe a Borja Gómez un autentico campión que a pesar de ser un rapaz con síndrome de down, demostra a sociedade a súa valía e loita diaria con obxectivos constantes de superación.


Os dous raiders fixeron unha moi boa participación si ben Uxía na clasificación provisional era cuarta, Noe as 23 horas da noite descoñecemos a súa clasificación o non estar aínda colgada na paxina web oficial, un dato que a Federación Galega de Ciclismo debería de mellorar.

Ambos raiders enfrontáronse  as distintas ramplas e obstáculos de forma brillante nas dúas mangas, nun dia onde a choiva fixo presencia, hai que,  recoñecer que esta non e unha modalidade moi entrenada polo noso club.




Medallas de participación como o mellor premio a unha xornada fantástica



luns

Equipación escolas 2019

Gracias os nosos colaboradores este ano podremos seguir disfrutando dunha nova equipación, e así sera a da escola para este vindeiro ano 2019

ASISTENCIA TECNICA A IAGO GONZALEZ

O corredor do Club Ciclista Redondela do equipo Redondela-Il Picollo, leva participado en distintas probas de ambito internacional, como a primeira Taza de Portugal, vila franca, e  rexional como en Paredes de Coura, a nivel autonomico en XC de Mugardos e a nivel Nacional no Open de España en Valladolid.


Xornadas de Duatlon na Vila de Labarta


TROFEO MINIBTT Cidade de SANTIAGO

Uxía Fernandez daba o pistoletazo de saída a primeira proba do minibtt cidade de Santiago de Compostela organizado polo club cicista Compostelano - Muebles Compostela, a raider Pontarean que estreaba categoría principiante de primeiro ano, acadou unha moi meritoria oitava praza, nunha xornada marcada pola choiva e o frio.Noraboa campiona!!
Na direccion tecnica estreabase o novo monitor federado Ivan Fernandez, moita sorte!!

sábado

PAREDES COURA PORTUGAL

Ata Paredes de Coura chegaba Uxía para disputar a proba en terras portuguesas, unha ginkana de obstaculos e unha carreira a catro voltas, fixo ampliar os coñecementos a raider Pontarean.
Unha moi boa participacion onde o que destacou foi a nova experiencia de correr en sitios con outras normas distintas as españolas.

venres

Xornadas de Formación Monitores

A federación Galega de Ciclismo puxo en marcha no mes de marzo o curso de monitores a este curso asistiron un total de catro responsables do club o cal agora mesmo o TEABIKES ten un total de cinco monitores.

sábado

PLANE PISCINAS







Na maña de hoxe o Presidente do TEABIKES chebaba a un acordo co xerente de Plane Piscinas, recibindo durante un ano o seu apoio a escola do TEABIKES. Unha nova empresa adicada o mundo de piscinas que da o seu respaldo os mais cativos para colaborar nesta vindeira temporada.So nos queda palabras de agradecemento  por este tan importante apoio.



mércores

AUTOS MARIÑO

Esta maña o xerente de autos Mariño situado na rua real nacional 120 a altura do instituto do Barral, chegaba a un acordo co presidente do TEABIKES para unha colaboración durante esta temporada, que permitirá a escola do TEABIKES estar presente nas probas do calendario Galego de ciclismo.
Dende o club agracemos esta importante aposta e desexamoslle moi boa sorte.

PICA PICA PONTEAREAS

Na maña de hoxe o xerente de pica pica Ponteareas situada no paseo matutino , amosaba o seu apoio a escola do TEABIKES, logo de manter un acordo co presidente do club, este apoio sera de un ano.
O club agradece este apoio do pequeno comercio local e desexaslle moi boa sorte.

martes

Novo colaborador

Na maña de hoxe chegabase a un acordo entre o xerente de BIZIEBIKE e o presidente do TEABIKES, durante un ano esta nova casa comercial situada na rúa amieiros nº3 en Ponteareas dará apoio a escola do TEABIKES, dende o club agradecemos que casas comercias como BIZIEBIKE colaboren co deporte local, a escola estará presente este ano 2019  en varias competicions de ambito GALEGO como o minibtt, ENDURO...

luns

Novas renovacions


Na maña de hoxe un novo acordo permitirá que os mais cativos poidan estar presentes no calendario Galego de minibtt, o xerente de Aserco e o Presidente do TEABIKES renovavan a colaboración durante unha tempada mais. Dende o club agradecemos esta aposta polo deporte base.