domingo

Entrenamento de minibtt

Os entrenamentos de minibtt son os martes e xoves de 17 a 18:30 horas e sábados de 11 a 12:30 horas no terreo cedido o club, estes dias, pais e nais traballan para acondicionalo. Aquelas persoas que queiran probar poden pasar nestes horarios, cos seus fillos/as sempre e cando leven casco.


xoves

Nova zona de entrenamento

Esta semana o Presidente do Teabikes, chegaba a un acordo con D.Regino Giraldez Boo.
O empresario Ponteareán cedía de forma temporal o club Teabikes unha superficie que será dedicada para a escola do club.


Un gran acordo que permitira os mais cativos entrenar con seguridade, e sobre todo aumentar a súa destreza coas súas monturas.
Un gran alivio para pais e nais, o facelo nunha superficie pechada.
Dende o club so nos queda palabras de agradecemento para D.Regino Giraldez Boo, pola súa iniciativa e a súa gran contribución o deporte de base Ponteareán.

A escola en breve abrirá o prazo para a inscripción de novos raider para a vindeira temporada.

GP. San Froilan

Ata terras lucenses chegaba Iago González para disputar a última proba do calendario galego,  nun circuíto urbano de escasos novecentos metros e cun total de dez voltas, iniciouse a saída, un forte ataque do corredor do Barbanza, puxo en filo o pelotón, que intentou neutralizar a escapada, foi neses intres entre nervios, cando o corredor do Cortizo ANOVA, pechaba a trazada do Ponteareán, e este foise o chan en plena curva. Así e todo Iago González non tirou a toalla e andivo un total de oito voltas en persecución do pelotón principal.
A emoción foi tal que na novena volta reenganchou e todo facía esperar a posibilidade de podio, pero as forzas son as forzas, e no sprint final pagaba o sobreesforzo de dar caza o pelotón así e todo unha septima praza o sprint final, e como remate dunha excepcional temporada.

Nocturna de O Porriño

A penúltima proba do calendario Galego levounounos ata O Porriño, para disputar a proba desta vez a única organizada pola tarde noite.
O casco vello de O Porriño, foi testemuña do gran éxito da proba, en categoría infantil Iago González  facía unha excelente participación o rematar nun sprint final na segunda praza de podio.
O ponteareán fiel o seu estilo de ciclismo de ataque puxo sobre as cordas na primeira volta a tódolos participantes, e tan so catro corredores foron quen de meterse na escapada, volta a volta nun total de dez, pagaba o sobreesforzo o corredor do Cortizo ANOVA, que se descolgaba, e xa nos metros finais o corredor do Avanza, polo que a proba so podería ter un gañador, e finalmente e cun sprint emocionante, a segunda praza recaeu sobre Iago e a vitoria foi para o corredor do Farto.

luns

55 GP A MILAGROSA

Este fin de semana disputouse o 55 aniversario do gran premio de A milagrosa en Lugo, ata ali en ciclismo de escolas en categoria Infantil chegou Iago Gonzalez que nun circuito a 15 voltas e un total de dezaoito km, nun dia de moita calor, e con estratexias distintas polos clubes, esta desarrollouse con ataques por parte de Iago, que eran aplacados polos corredores do Barbanza , e foi  na ultima volta onde un sprit dictou a orde de podio, neste caso Iago acadou a sexta praza.

G.P PONTEAREAS MEMORIAL JOSIÑO


O club estivo representado por Uxía fernandez en categoría Promesa que foi quen de sortear os obstaculos da ginkana e acadar unha moi meritoria sexta praza


En categoría Infantil Iago González rompia o peloton na saída e facia das suas durante as dez voltas onde o forte ritmo empregado deixou un regueiro de corredores descolgados, finalmente nunha entrada o sprint acabou unha moi meritoria quinta praza.

GP VIRXE DO CARME MARIN

Ata Marín chegou Iago González en categoria Infantil para disputar o trofeo virxe do Carmen, o Pontarean que tivo un mal dia no aspecto de saude, aguantou as dez volta do circuito moi tecnico e cunha baixa compricada pola estreitez.Asi e todo foi un moi bo dia onde  a septima praza foi moi perseguida.

domingo

Minibtt CAMBRE

A escola do TEABIKES desprazouse ata Cambre para participar na última proba do calendario galego, foron en total 17 probas por todo territorio Galego.

O club organizador deseñou varios trazados segun as distintas categorías.

Abría a participación Uxía Fernández que nun circuíto a dúas voltas, conseguía facer un cuarto posto de podio, a biker fixo unha moi boa saída arrancando primeira e logo cedeu ata tres posicións.









Na categoría reina Iago González facía a súa despedida do minibtt saíndo na segunda grella de saída e colocándose no grupo cabeceiro ata a terceira volta, foi unha saída dura onde o Ponteareán remontou moitas posicións, finalmente entrou na sexta praza da clasificación final da proba.

So nos queda felicitalo pola excelente participación no minibtt dende os seus inicios dende os sete anos, con grandes vitorias, saídas espectaculares, e esa gran mostra de non vencerse xamais aínda que haxa momentos difíciles. Este ano 2018 renunciando a posibilidade de liderar o ranking, para facer a preparacion do ciclismo de carretera, conseguindo esa convococatoria da seleccion Nacional e facendo unha dobre temporada, correndo o sabado, domingo e festivos. Grazas por ese ciclismo de ataque, grazas por ese inconformismo, Botarémoste moito de menos!!!! Grazas CAMPIÓN!!!

Iago González na súa última participacion de minibtt en Cambre.

xoves

Mini btt Carballiño

O club ciclista sobre dúas rodas de Carballiño organizou o evento no parque onde e coñecido pola festa do polbo.

En categoría promesa Uxía a dúas volta obtiña unha moi boa cuarta praza de podio
En categoría alevin Iago Carrera fixo unha excepcional participación a un circuíto de tres voltas onde mellorou rexistros persoais.
En categoría Infantil Iago González remachaba a cuarta praza de podio nun circuíto a catro voltas  e onde chegou a liderar a proba.




G.P VIGUES

Na rúa Areal de Vigo dábanse cita os mellores ciclistas, unha proba organizada polo club ciclista Vigués.
Iago González remataba cuarto logo de dez voltas onde a vixilancia entre corredores foi extrema.

Xornada de entrenamentos


Hoxe xoves desprazamosnos ata a zona de a Picaraña e logo dunha sufrida subida poidemos desfrutar a baixada dunha das pistas de descenso.




MINI BTT de Porto do Son

A escola do TEABIKES desprazouse ata Porto do Son para disputar a proba organizada polo club Sonense a uns sete km do centro da vila no alto dun monte e cun trazado moi duro para tódalas categorías disputouse a proba.
Empezou Uxía Fernández Barros que a dúas voltas do seu circuíto retivo a quinta praza de 

podio nun dia bastante complexo para ela.


Uxía a dereita na quinta praza






Na categoría Alevin a quenda foi para Iago Carrera que nun circuíto a dúas volta mais longo que o da súa compañeira fixo unha excelente saída dende a parte traseira e conseguiu colocarse nos quince primeiros postos, a dureza do circuíto fixo que entrase bastante mais atrasado, pero completando as dúas voltas.

 En categoría reina Iago González que viña de facer podio en O Rosal en carretera, pagou o sobreesforzo e chegou a marchar na terceira praza de podio, pero a dureza das tres voltas do circuíto e as altas temperaturas fixo que entrase nunha sexta praza.

GP PISTAS DE FAIAS O ROSAL

A escola TEABIKES desprazouse ata O Rosal para disputar o GP pistas de Faias no velódromo municipal, é ata alí chegaron Noé Arauxo que en categoría promesa fixo unha excelente participación na ginkana.





En categoría Infantil Iago González a un total de 15 voltas o circuíto obtivo a terceira praza de podio logo dunha carreira marcada polos marcaxes, si ven foi un dos mais vixiados  a vitoria final foi para o corredor local do O Rosal que ninguén quixo responder o seu ataque.
O sprint especial na oitava volta foi para o corredor do C.C Farto.


mércores

G.P BETANZOS

A escola Teabikes desprazouse hoxe ata Betanzos para disputar o trofeo S.Roque dia da festa grande da localidade Betanceira.



Nas inmediacións do parque do pasatempo o club ciclista Betanzos organizou a proba nun circuíto de 1,8km cada volta, a categoría infantil daba 8 voltas e preto de 14300 mts. Unha excelente organización e un moi bo trazado. 


Nun circuíto case plano a velocidade media da proba foi de 36,03 km/h o que demostra as aptitudes de rapaces de 14 anos. 


Hoxe foi un dia de pisar pedal a fondo para desmontar algunha estrutura sólida dalgún equipo «un bo ataque como medida de defensa volta a volta» e así foi volta a volta o numero de efectivos descendía ata entrar na ultima volta con tres efectivos, xogala nun sprint final onde os árbitros teñen que abrir os ollos para ver que roda entra primeiro na liña de meta. 


O Ponteareán Iago González executaba as ordes de equipo e alzábase coa segunda posición do podio. 




Tranquilidade no equipo o ver que finalmente a grave caida do domingo en Maceda no minibtt quedou so en chapa e pintura.

martes

Mini btt MACEDA


O club ciclista Maceda organizou a minibtt e ata Ourense Maceda chegaron Iago Carrera, Uxía Fernandez e Iago González.










Uxia en categoria Promesa conquistou a 5º praza de podio a un circuito moi duro dando duas voltas.












En categoria Alevin Iago Carrera deu tres voltas a un circuito moi duro e fisico, e logrou rematar todalas voltas facendo unha moi boa carreira.


En categoriá reina Iago Gonzalez marchou na quinta praza na primeira volta pero unha moi forte caida na ponte da carretera  deixouno sin opcions de podio finalmente rematou oitavo, con fortes
dores.

GP CAMBADOS

O club ciclista cambados organizaba o gran premio de escolas festexando o seu 50 aniversario e ata alí chegou o infantil Iago González que a un circuíto urbano de 1,1 km e a dez voltas logrou unha meritoria 3º posición de podio.
A carreira foi lanzada dende o primeiro momento onde distintos corredores lanzaron varios ataques, así ata a última volta onde o Ponteareán aguantou a terceira praza.


luns

G.P de CAMBRE

Ata terras de Cambre- A Coruña desprazábase Iago González en categoría Infantil, con mais de trinta graos de temperatura nun circuíto a sete voltas no polígono industrial de Santo Espiritu, disputouse a proba de carreteira que organizou o club ciclista Cambre.

O Pontareán intentou a escapada na quinta volta, pero este ataque foi respondido polos corredores do Barbanza, e xa na sexta volta un ataque do Coruxo foi o definitivo, para a configuración da entrada  en meta.
Unha novena praza nun dia onde o Pontareán estivo demasiado vixiado.




martes

Mini BTT SALCEDO

A escola TEABIKES desprazábase ata Salcedo - Pontevedra para disputar a proba de minibtt organizada polo club Farto.

Dous representantes acudiron a cita, en categoría Promesa Femia, Uxía Fernández acadaba unha sexta praza nunha carreira a dúas voltas nun circuíto moi duro e partes moi técnicas. 
En categoría Infantil Iago González nun circuíto a tres voltas penalizaba saíndo da terceira parrilla de saída, polas ausencias e os últimos abandonos por rotura.


Nunha saída pausada pola cabeceira, e en cincocentos metros o Ponteareán xa chegaba a cabeza e ata segunda volta liderou a proba, e foi nese momento cando tivo que parar, o ver que o freo traseiro quedou sen liquido, nun intento de rematar a proba o Ponteareán rematou na cuarta praza, facendo milagres nas ultimas baixa cara meta.
Os dobrados nun circuito extremadamente corto foron outros dos atrancos dos que non se puido esquivar




A mala sorte segue perseguindo o raider Ponteareán, que a pesar de todo conseguiu subir a podio na cuarta posición.

xoves

MINI BTT PONTEAREAS


GP LUOU - TEO - SANTIAGO

Ata Luou chegaba Iago González unico representante da escola para disputar a proba de carretera, nun circuito de case 11 km e cun total de sete voltas de aproxiadamente 1,5 cada unha o Pontarean estibo sempre en postos de cabeza, foi xa na penultima volta cando un ataque do corredor do estradense puxo en alerta o Pontarean que respondeu a ese ataque, pero xa na ultima un novo ataque desta volta do Boiro, fixo que  se quedase descolgado uns metros, entrando nunha meritoria sexta praza.