xoves

Iago coa selección Galega

Iago González categoría Infantil foi convocado polo seleccionador Galego, Guillermo Sande para formar parte da escuadra Galega que disputará o campionato de España Escolar en Ourense.


Parabéns e a disfrutar de ese bo momento.

http://www.fgalegaciclismo.es/noticias/galicia-xa-ten-seleccion-para-os-campionatos-de-espana-escolar

Gran Premio CONCELLO DE NEGREIRA

O Ponteareán Iago González participaba este fin de semana no gran premio do concello de Negreira, onde con 32º grados a organización rebaixou o numero de voltas previsto.

O Ponteareán mantivo unha actitude conservadora nas sete voltas e na entrada de meta un incidente polo vehículo que abría a carreira, que parou na propia liña de meta, fixo que entrase nunha moi disputada terceira praza do podio.

O Ponteareán non puido tomar outra escapatoria xa que a parte do vehículo tamén tivo que adiantar na reta de meta a corredores dobrados.

Un bo fin de semana que segue e suma na súa conta persoal.

Mini btt Sanxenxo

A Escola Ponteareán desprazouse o sábado a tarde ata Sanxenxo para disputar a proba de mini btt ata alí chegaron Mateo, Alexi e Uxía.

Abría a quenda Mateo que nun circuíto moi  técnico remataba a proba sen problemas.
Mais tarde a quenda era para Alexis que disfrutando tamén remataba a súa participación.
 

Uxía poñía o broche final en categoría promesa femina que nunha excepcional carreira obtiña a terceira praza do podio.

luns

Minibtt Poio

A escola do TEABIKES desprazouse ata Poio, concretamente ata o Bosque das Sequoias, onde o club de Poio deseñou un novo trazado, desta vez no monte, e con características técnicas moi duras en forma de serpentín, e nalgunha categoría demasiado curto, sen espazos para recuperar posicións na entrada de meta.
Uxía na quinta praza


A proba que rematou as 16.30 horas coa entrega de trofeos por mor dunha caída entre dous participantes, que tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario para descartar lesións graves, foi moi pesada nas ultimas categorías que aguantaron a calor e a fame.

Ata alí chegaron en categoría Benxamín Mateo e Karim que remaron o circuíto de dúas voltas onde o posto 18º foi para Mateo e o 29º para Karim




Xa en categoría Promesa Noé Arauxo remataba as dúas voltas no posto 46 e Alexi de Vito no 67º unha categoría con mais de setenta participantes.








En Promesa femina Uxía facía das súas, e volvía a postos de podio, desta vez un pouco axustada, xa que a dureza do circuíto e o non poder adiantar na parte final marcou as posicións.
Uxía marcaba a quinta praza do podio na súa conta persoal.


En categoría Alevín Iago Carrera desta vez a un circuíto a tres voltas e mais longo que os anteriores rematou na posición 56º o Ponteareán non o tivo nada fácil xa que penalizou bastante saír dende atrás.Participaron un total de 68 corredores.





En categoría reina e xa as 15,30 h saian os Infantiis apenas tres voltas e 18 minutos de carreira, lexos do que indica o regulamento, Iago González tomaba as rendas e colocábase na primeira praza nunha saída espectacular, e aguantou ata a segunda volta de líder, nun xiro pechado a esquerda levouno o chan, facéndose daño na súa rodilla esquerda, momento que perdeu a cabeza de carreira, como puido foi pedaleando metros ata que os dobrados nunha zona de subida volveron entorpecer a súa marcha, momento que foi aproveitado polos rivais para adiantalo, finalmente entraba septimo, sen ter espacio para remontar. Atendido polo servizos médicos da carreira, e limpando a ferida aberta, descartaron lesión na súa rodilla, unha boa noticia, para todos.



TROFEO BEMBRIVE-VIGO

O club escola trasladouse ata Bembrive Vigo, para disputar o Trofeo Bembrive entidade local, Vigo e ata alí chegaron Uxía Fernández en categoría Promesa e Iago González en categoría infantil.

Empezou a quenda para Uxía que remataba septima na proba de jinkana, unha proba moi divertida segun expresou o seu remate a pequena biker.

























Xa en ciclismo carreteira a quenda era para Iago González que viña de gañar en Viveiro o trofeo de San Roque, nun circuíto a seis voltas polas rúas de Bembrive o Ponteareán quedou descolgado na quinta volta, na baixada cara a meta, logo dunha mala trazada, aínda así recuperouse e entrou en meta na oitava praza.


Parabéns por esa participación!!!

domingo

Mini BTT MONTE XAXÁN


O club Teabikes nunha dobre cita este fin de semana de sábado a primeira en Viveiro e a segunda en Marín.

Ata o monte Xaxán chegaban karim, Mateo, Alexis, Uxía e Iago Carrera todos nun dia especialmente moi duro conseguiron rematar a proba.

Estreábase na dirección do equipo de minibtt Iván Fernández, que nun dia moi complicado pola choiva caida e polo barro conseguía organizarse sen poder facer unha reportaxe fotográfica.

Empezou a quenda para Mateo e Karin en categoría benxamín onde os dous raider con moito tesón remataron a carreira nos postos 23º e 25 respectivamente dun total de 43 participantes onde houbo catro abandonos polas condicións climatolóxicas.

Alexi en categoría promesa e como corredor de primeiro ano na mesma, tamén tiña moitas dificultades polo estado do circuíto e cunha volta perdida conseguía rematar no postos 58º dos 60 que finalizaron.
FOTO LUZ IGLESIAS

Uxía Fernández en categoría Promesa femina correxia os erros da súa última carreira e esquivando as dificultades foi quen de rematar 3º subindo así o caixón de podio.

Iago Carrera en categoría Alevin pechaba a
participación dos corredores do club, que nun circuíto moi técnico, coa choiva e barro remataba na posición 49º dun total de 57 corredores que conseguiron rematar e dun total de 61 inscritos que tomaron a saída.




TROFEO SAN ROQUE VIVEIRO

Saída
O Club Teabikes tiña unha dobre cita este fin de semana primeiro en carreteira no Trofeo San Roque en Viveiro e as escolas de minibtt en monte Xaxan Marín.

Ata Viveiro desprazouse Iago González, nunha viaxe de 262 km de ida e onde o Ponteareán disputou a proba en categoría Infantil.

O circuíto de aproximadamente 1,5 km no alto do monte San Roque foi moi esixente debido a choiva caída pola noite co chan moi húmido.
Dobrando a un corredor
O Ponteareán iniciou a súa saída cun ataque a tumba aberta onde adiantou o propio vehículo que abría a carreira o inicio, e nun total de 15 voltas, Iago foi incrementando o ritmo onde de vintedous participantes foi eliminando a un total de catorce corredores o dobralos.








A diferencia cos oito restantes foi de apenas doce segundos que os salvou o propio coche que abría a carreira que pitaba para avisar que xa tiñan o primeiro as súas espaldas, isto foi xa na ultima volta.


O ponteareán sumou a súa primeira vitoria, e adicoulla os seus compañeiros, os amantes do ciclismo e a súa nai, regalándolle o ramo de flores.



Podiun






luns

Mini btt Porriño

Este domingo a Asociación deportiva Avanza organizaba a minibtt nas instalacións do velódromo municipal.
Ata alí chegaban Karin, Mateo, Uxía e Iago.

Na categoría benxamín Karin alcanzou o posto 26 e Mateo o posto 23 ambos colisionaron cando ían en carreira o  inicio dun salto, feito que os retrasou na clasifición final.

Na categoría Promesa Uxía nunha mala saída recuperaba posicións ata chegar a sexta praza, e piques estivo de entrar en podio.






En categoría Infantil Iago facía unha das súas saídas e loitou ata o final pola vitoria, logo da segunda praza do sábado en O Rosal, o Ponteareán entrou segundo a moi pouca distancia do primeiro e tamén seguido de preto polo terceiro do Avanza.

O circuíto a tres voltas e media practicamente plano e moi técnico daba opcións a outro tipo de corredores, e foi xa na segunda volta cando se empezaban a despexar as dubidas do podio.


Trofeo O Rosal

O club ciclista O Rosal organizou o Trofeo de escolas, un club cunha ampla experiencia na organización de probas deportivas dada a súa longa traxectoria.

Ata alí chegaron dous corredores das escolas, Noé Arauxo que facía a súa participación na xincana obtendo como recompensa unha medalla de participación.

En categoría Infantil nun circuíto de 1,4 km e a sete voltas Iago González obtiña unha segunda praza entrando o sprint logo dun forte repeito de subida.

O Ponteareán andivo fino e xa na primeira volta rebentou a carreira deixando descolgado os mais fortes, pero xa na escapada o equipo de Boiro con dous corredores preferiu reagruparse en vez de tirar ata meta.