Ata alí chegaron dous corredores das escolas, Noé Arauxo que facía a súa participación na xincana obtendo como recompensa unha medalla de participación.En categoría Infantil nun circuíto de 1,4 km e a sete voltas Iago González obtiña unha segunda praza entrando o sprint logo dun forte repeito de subida.
O Ponteareán andivo fino e xa na primeira volta rebentou a carreira deixando descolgado os mais fortes, pero xa na escapada o equipo de Boiro con dous corredores preferiu reagruparse en vez de tirar ata meta.
