xoves

Gran Premio CONCELLO DE NEGREIRA

O Ponteareán Iago González participaba este fin de semana no gran premio do concello de Negreira, onde con 32º grados a organización rebaixou o numero de voltas previsto.

O Ponteareán mantivo unha actitude conservadora nas sete voltas e na entrada de meta un incidente polo vehículo que abría a carreira, que parou na propia liña de meta, fixo que entrase nunha moi disputada terceira praza do podio.

O Ponteareán non puido tomar outra escapatoria xa que a parte do vehículo tamén tivo que adiantar na reta de meta a corredores dobrados.

Un bo fin de semana que segue e suma na súa conta persoal.