luns

Minibtt Poio

A escola do TEABIKES desprazouse ata Poio, concretamente ata o Bosque das Sequoias, onde o club de Poio deseñou un novo trazado, desta vez no monte, e con características técnicas moi duras en forma de serpentín, e nalgunha categoría demasiado curto, sen espazos para recuperar posicións na entrada de meta.
Uxía na quinta praza


A proba que rematou as 16.30 horas coa entrega de trofeos por mor dunha caída entre dous participantes, que tiveron que ser evacuados a un centro hospitalario para descartar lesións graves, foi moi pesada nas ultimas categorías que aguantaron a calor e a fame.

Ata alí chegaron en categoría Benxamín Mateo e Karim que remaron o circuíto de dúas voltas onde o posto 18º foi para Mateo e o 29º para Karim




Xa en categoría Promesa Noé Arauxo remataba as dúas voltas no posto 46 e Alexi de Vito no 67º unha categoría con mais de setenta participantes.








En Promesa femina Uxía facía das súas, e volvía a postos de podio, desta vez un pouco axustada, xa que a dureza do circuíto e o non poder adiantar na parte final marcou as posicións.
Uxía marcaba a quinta praza do podio na súa conta persoal.


En categoría Alevín Iago Carrera desta vez a un circuíto a tres voltas e mais longo que os anteriores rematou na posición 56º o Ponteareán non o tivo nada fácil xa que penalizou bastante saír dende atrás.Participaron un total de 68 corredores.





En categoría reina e xa as 15,30 h saian os Infantiis apenas tres voltas e 18 minutos de carreira, lexos do que indica o regulamento, Iago González tomaba as rendas e colocábase na primeira praza nunha saída espectacular, e aguantou ata a segunda volta de líder, nun xiro pechado a esquerda levouno o chan, facéndose daño na súa rodilla esquerda, momento que perdeu a cabeza de carreira, como puido foi pedaleando metros ata que os dobrados nunha zona de subida volveron entorpecer a súa marcha, momento que foi aproveitado polos rivais para adiantalo, finalmente entraba septimo, sen ter espacio para remontar. Atendido polo servizos médicos da carreira, e limpando a ferida aberta, descartaron lesión na súa rodilla, unha boa noticia, para todos.