luns

Mini btt Porriño

Este domingo a Asociación deportiva Avanza organizaba a minibtt nas instalacións do velódromo municipal.
Ata alí chegaban Karin, Mateo, Uxía e Iago.

Na categoría benxamín Karin alcanzou o posto 26 e Mateo o posto 23 ambos colisionaron cando ían en carreira o  inicio dun salto, feito que os retrasou na clasifición final.

Na categoría Promesa Uxía nunha mala saída recuperaba posicións ata chegar a sexta praza, e piques estivo de entrar en podio.






En categoría Infantil Iago facía unha das súas saídas e loitou ata o final pola vitoria, logo da segunda praza do sábado en O Rosal, o Ponteareán entrou segundo a moi pouca distancia do primeiro e tamén seguido de preto polo terceiro do Avanza.

O circuíto a tres voltas e media practicamente plano e moi técnico daba opcións a outro tipo de corredores, e foi xa na segunda volta cando se empezaban a despexar as dubidas do podio.