domingo

Mini BTT MONTE XAXÁN


O club Teabikes nunha dobre cita este fin de semana de sábado a primeira en Viveiro e a segunda en Marín.

Ata o monte Xaxán chegaban karim, Mateo, Alexis, Uxía e Iago Carrera todos nun dia especialmente moi duro conseguiron rematar a proba.

Estreábase na dirección do equipo de minibtt Iván Fernández, que nun dia moi complicado pola choiva caida e polo barro conseguía organizarse sen poder facer unha reportaxe fotográfica.

Empezou a quenda para Mateo e Karin en categoría benxamín onde os dous raider con moito tesón remataron a carreira nos postos 23º e 25 respectivamente dun total de 43 participantes onde houbo catro abandonos polas condicións climatolóxicas.

Alexi en categoría promesa e como corredor de primeiro ano na mesma, tamén tiña moitas dificultades polo estado do circuíto e cunha volta perdida conseguía rematar no postos 58º dos 60 que finalizaron.
FOTO LUZ IGLESIAS

Uxía Fernández en categoría Promesa femina correxia os erros da súa última carreira e esquivando as dificultades foi quen de rematar 3º subindo así o caixón de podio.

Iago Carrera en categoría Alevin pechaba a
participación dos corredores do club, que nun circuíto moi técnico, coa choiva e barro remataba na posición 49º dun total de 57 corredores que conseguiron rematar e dun total de 61 inscritos que tomaron a saída.