domingo

TROFEO SAN ROQUE VIVEIRO

Saída
O Club Teabikes tiña unha dobre cita este fin de semana primeiro en carreteira no Trofeo San Roque en Viveiro e as escolas de minibtt en monte Xaxan Marín.

Ata Viveiro desprazouse Iago González, nunha viaxe de 262 km de ida e onde o Ponteareán disputou a proba en categoría Infantil.

O circuíto de aproximadamente 1,5 km no alto do monte San Roque foi moi esixente debido a choiva caída pola noite co chan moi húmido.
Dobrando a un corredor
O Ponteareán iniciou a súa saída cun ataque a tumba aberta onde adiantou o propio vehículo que abría a carreira o inicio, e nun total de 15 voltas, Iago foi incrementando o ritmo onde de vintedous participantes foi eliminando a un total de catorce corredores o dobralos.








A diferencia cos oito restantes foi de apenas doce segundos que os salvou o propio coche que abría a carreira que pitaba para avisar que xa tiñan o primeiro as súas espaldas, isto foi xa na ultima volta.


O ponteareán sumou a súa primeira vitoria, e adicoulla os seus compañeiros, os amantes do ciclismo e a súa nai, regalándolle o ramo de flores.



Podiun