xoves

DESPEDIDA DO 2017

Hoxe tocou despedirse do ano 2017, e que mellor facelo dandonos unhas voltas por Ponteareas nas bicicletas, reafirmandonos na loita contra a contaminación, e dandonos unha pequena merendola, oubo regalos para todos, e recoñecementos para os patrocinadores...... feliz 2018












mércores

Grupo Aserco novo colaborador do TEABIKES

Nesta maña o Grupo Aserco adicado a xestion de servicios inmobiliarios e administración de fincas daba o seu compromiso para o vindeiro ano 2018 a modo de colaborador coa escola do TEABIKES,
unha nova empresa que colaborará co deporte base local.

venres

Día mundial contra o Cancro de Mama

Dende a Asociacion de Cancro de Mama de Ponteareas, ASCAM Pilar Domingo invitanos a participar  na marcha que se celebrara en Ponteareas, para elo  fan un chamamento a participar e levar unha prenda de cor rosa, saira dende a praza maior de Ponteareas ata a Freixa e volta ata o praza maior, sera o sabado 21 de outubro as 17 horas.

Dende o Club Teabikes sumamosnos e invitamos a cidadania a participación na mesma.

Coñece o meu club

O club escola Teabikes  hoxe dia 5 levou a cabo a sua actividade coñece o meu club onde 410 nenos pudeiron participar en varios circuitos  diseñados segundo a sua idade.

.
Foron acompañados polos mais veteranos do club, e xuntos disfrutaron de novos aprendizaxes enriba das monturas.

Os pequenos biker coñeceron novas técnicas.

G.P San Froilan Lugo

Última xornada do calendario de escolas de carretera e ata Lugo novamente desprazouse o Club Teabikes, con dous representantes nas categorias Alevin e Infantil. 

En categoría Alevin 1 Iago Carrera lanzabase a un circuito de catro voltas, onde nunha saída o sprint quedou un pouco descolgado do grupo principal, pero o biker foi quen de aguantar volta a volta e rematar a proba, as catro voltas.Foi a sua segunda carreira de carretera, onde os de segundo ano non llo puxeron nada facil.

Iago Carrera entrando en meta.


En categoría Infantil o biker Iago Gonzalez de primer ano, daba un total de dez voltas a un circuito practicamente plano, o Pontarean aguantou o ritmo dos mais rapidos de segundo ano volta a volta, e tamen os distintos cambios de ritmo, mesmo foi quen de anular a un grupo de escapados, logo do tremendo esforzo, xa na última volta, xogouse todo nun sprint, onde entrou nunha meritoria decimo terceira posición.
Sprint final

domingo

G.Premio La Milagrosa LUGO

O club Teabikes desprazábase ata Lugo, concretamente ata a Avenida Infanta Elena, onde as 16 horas iniciouse a proba de Escolas de carretera unha proba organizada polo Club Ciclista Milagrosa na súa 54º edición, ata alí un único representante tomaba a saída en categoría Infantil.
Iago González participou nun circuíto a 15 voltas, facendo un total de 18km aproximados, onde o Ponteareán xa esta co chip de pre-temporada 2018.
Coñecendo circuítos novos como é o de Milagrosa en Lugo o obxectivo era aguantar o máximo o nivel dos mais rápidos.


Iago González no centro do pelotón
O vindeiro sábado o club desprazarase novamente ata Lugo a participar nun novo circuíto como é o de  San Froilán.

PROBA DE CARRETERA PONTEAREAS

Este sábado o C.C.Ponteareas organizaba a proba do calendario Galego de Carretera unha das últimas de este ano.A un circuito urbano de 1 Km deu comenzo as distintas categorías.




Correndo na casa os biker do Teabikes que durante esta temporada correron toda o calendario de minibtt quixeron participar en dita proba, como mostra para medir as súas forzas con corredores de distintos clubs e coa ilusión de participar nalgunha proba por primeira vez de carretera.

Así se estreou Iago Carrera na súa primeira proba, como Alevin 1 que foi acompañado por Iván de Sousa onde ambos corredores deron un total de 8 voltas ou 8 km quedándose un pouco descolgados na entrada de meta, pero dentro da clasificación, prevaleceu a participación,  a ilusión de poder correr a primeira proba na casa.




















En Infantil Iago González como corredor de premer ano facía tamén o seu éstreno xa que nunca había corrido en Ponteareas, dado que sempre coincidía con probas de minibtt, para el a súa experiencia foi positiva,xa que logrou entrar dentro da clasificación final a un circuito de 12 voltas ou 12km, onde o Ponteareán fiel o seu estilo intentou fugarse na primeira volta e na segunda sen poder logralo.



O club síntese satisfeito dado que o obxectivo de participación e incorporación o mundo do ciclismo o esta conseguindo de forma progresiva.


O club agradece a Xtrembike a súa colaboración coa Escola, dado que algúns dos materiais que levaron os corredores foron cedidos, como compromiso co noso club.






mércores

Entrenamentos

O TEABIKES comunica que os entrenamentos comezaran o vinderiro 3 de outubro no Colexio Mestre Ramiro Sabell Mosquera en horarios de 18 a 19:30.os martes e xoves.


Mini BTT de CAMBRE, ÚLTIMA PROBA


O club ciclista Cambre , pechaba a organización do calendario Galego de minibtt, cun total dezanove probas puntuables para o ranking galego das distintas categorias.
O organizador marcou o sabado de tarde como dia D, e convocou os raider as 16,30 horas, e o club Teabikes desprazabase un parcial de 170 km ata esas terras para disputar a última xornada.340 km totais.
Uxía alcanzou a séptima praza.

Cunha temperatura de 30º graos, nun lugar onde se votaba en falta o aire, e nun circuito practicamente plano sen practicamente desniveis nas distintas categorias, e con moito agarre o ser en leiras de cultivo, tomaba a saida a primeira participante na categoría promesa femima Uxía Fernandez que a duas voltas o seu circuito a raider Pontarean remaba na sexta praza.

Ivan de Sousa na primeira volta
Ivan sa segunda volta

Xa en categoría alevin masculino, os raiders Ivan de Sousa e Iago Carrera, a un circuito mais longo que o da sua compañeira, remaban as duas voltas mellorando as suas marcas personais das anteriores participacións nas distintas probas.
Iago Carrera na segunda volta
Iago enfrontando a baixada



En categoría reina o Infantil de primer ano, Iago González remataba a temporada alcanzando o obxetivo marcado, ser igual que no ano 2014,2016 e agora no 2017 o raider con maior puntuación no ranking Galego, cun total de 2520 fronte os 2495 do seu perseguidor, tal como indican a suma das clasificacións dos totais das probas.
Iago González  

A un circuito practicamente plano en tres tercios e a catro voltas, na sua saida era pechado por varios raiders que impediron que se escapara, algo habitual nalgunhas carrreiras por parte dalgun club, quen sabe con que intencions, pero o Pontarean tratou de sair do embrollo e situouse na septima praza, e a mantivo ata entrar na meta sabendo que era unha posión valida para renovar o liderato 2017.


Unha temporada dificil, xa que o raider de primer ano enfrontouse a infantis de segundo ano , o Pontarean pelexou ata a liña de meta, calquera posición buscando a maxima puntuacion posible carreira a carreira.
Iago González Lider do ranking Galego 2017....



Facendo reconto aparte do calendario completo do minibtt o Pontarean sumou tamen o terceiro posto acadado na edicion Eliminator Kids 2017 celebrada en Figueirido-Pontevedra, e organizada polo C.C Val do Ullo.Nunha proba onde a loita foi moi dura, xa que tivo que enfrontarse a categoria superior cadete 1 e 2 e os de segundo ano da sua propia categoria infantil.


O club so ten palabras de agradecemento para toda a familia do minibtt asi como a felicitación aos raider que participaron nalgunha ou en todalas probas, e aos colaboradores que sin eles seria imposible manter vivo este club, agradecementos a Xunta de Galicia, Consellleira de Deportes, Deputación de Pontevedra, Concello de Ponteareas, XTREMBIKE Ponteareas, Transrivan, Ventana Hogar, Javi Rial Modas e Complementos MAXI DIEZ Redondela,Bar Bocados, Cafeteria Castelao e Maderas Areal.





domingo

Mini BTT CARBALLIÑO

Décimo oitava proba do calendario Galego de minibtt e desta volta a quenda era para o C.C Carballiño o que organizou e deseñou a nova carreira.
Nun lugar tranquilo e cun circuíto moi rodador para tódalas categorías iniciábase a proba con ameaza de choiva e treboada, pero esta non fixo aparición ata rematar a proba.

O club ciclista Teabikes desprazábase uns 90km aproximados e ata a cita finalmente chegaban Uxía Férnandez, Iago Carrera e Iago González, contratempos últimos descartou a presenza doutros raiders.
Os raiders posan con Begoña Carpintero secretaria da Federación Galega de Ciclismo
A pequena raider daba a saída en categoría promesa 1 femina, e aínda que foi quen de aguantar ata quinta praza do podio ata primeira volta, xa na segunda algún contratempo relevouna a septima praza, hoxe era o día das mais rápidas, xa que o circuíto practicamente non tiña partes técnicas.

Uxía en plena baixada


En categoría Alevin 1 masculino a quenda foi para o raider Iago Carrera, que chegaba con ansias de mellorar as súas marcas persoais, e o raider non defraudou, fixo unha excepcional saída, e foi remontando posicións, xa remontado e na metade da primeira volta unha baixa cun xiro de 180º  levouno a parte exterior do circuíto caindo o chan nunha moi mala posición, e tivo que ser atendido polos servizos médicos para descartar posteriormente unha lesión.Dende o club moito ánimo para Iago, o de hoxe son cousas que pasan...

Iago Carrera recibe as últimas instruccións 
Iago a piques de sair
Iago na primeira volta
Iago a piques de recibir a súa medalla

Xa en categoría reina o infantil 1 Iago González que durante toda a semana arrastraba problemas de saúde, e mesmo o dia anterior había dubidas da súa participación na proba, finalmente tomou a saída.
Iago González recollendo o trofeo do segundo posto do podio
Nunha saída en costa arriba viuse superado por algúns dos seus compañeiros, pero o Ponteareán resolveu de forma rápida e ata a segunda volta liderou a proba marchando na primeira posición, algún dobrado e algunha fenima que tivo que adiantar, xa que hoxe saíron con tan so dous minutos de adianto sobre os rapaces, fixo que nunha zona técnica tivese que reducir a súa velocidade para ir adiantando, feito que o corredor perseguidor serviulle para arrebatar a primeira praza a partir da segunda volta, finalmente acadou a segunda praza do podio nun dia incrible.

martes

Xa esta a venta a nosa lotería....

Xa esta a venta a nosa lotería, polo que si queredes algunha participación so debedes contactar con nos no enderezo electrónico clubteabikes2017@gmail.com ou ben podedes atopala nos distintos puntos de venta: XTREMBIKE Ponteareas, BOCADOS rúa Paseo Matutino, Javi Rial Modas e Complementos en Redondela... tamén os nosos raiders vola poden ofrecer pola rúa en calquera momento!!!!!                e si toca........
Recordade o mesmo dia tamén se sortea unha bicicleta marca Trek no sorteo da Once



domingo

Mini BTT de BIKE PARK VILLALBA


Uxía Fernández do TEABIKES entra no seu premer podio

O club Teabikes desprazouse ata Lugo concretamente ata o Bikepark Outeiro situado na parroquia de Santaballa (Villalba) un desprazamento de 440km para disputar a decima sexta proba do calendario de minibtt e antepenúltima da temporada.

Cun bo madrugon os raiders tomaban a carretera con destino o Bikepark, unha nova proba incluida este ano no calendario, cheos de ilusións para coñecer o que todos xa habían descrito como un lugar para pasalo ben, e aprender ou amosar a destreza nas distintas zonas que ten,Pump Track Race,Dirt Jump, Four Cross, e o lugar non desilusionou os raiders.

A xornada comezaba gardando un minuto de silencio en memoria das vítimas falecidas nos atentados de Barcelona, onde o ciclismo galego fixo un rexeitamento a tal barbarie.
Uxia no 5º posto recollendo a sua medalla
Xa metidos no ámbito deportivo, cunha maña con moito aire frio e moito pó a raider Uxía Fernández categoría promesa femina 1, tomaba a saída a un circuíto a dúas voltas moi técnico facendo unha das súas saídas e colocándose na terceira praza, toucoulle a zona de four cross e a Ponteareán fixo unha boa exhibición, pasada a primeira volta perdía algunha posición ante a superioridade física das compañeiras de segundo ano na categoria e finalizaba en postos de podio ocupando o quinto posto do
Uxía camiño de meta no seu 5º posto de podio
En categoría Alevin Ivan de Sousa alevin 2 e Iago Carrera alevin 1 lanzábanse a un circuíto a tres voltas, moi técnico e case sen posibilidades de adiantar debido a zonas estreitas e moi tecnicas onde a trazada determinaba seguir enriba da montura, onde tamén o pó fixo que fose outro compoñente de dificultade para os raiders. Ambos remataron todalas voltas cun meritorio recoñecendo por parte do club da súa participación.

Iago Carrera na súa primeira volta

Ivan de Sousa na súa primeira volta
Xa en categoría reina a quenda era para Iago González infantil de primeiro ano, que facía o circuíto mais longo coas zonas mais técnicas como o four cross e outras engadidas pola organización, nunha mala saída tivo que remontar ata chegar a terceira posición, xa na segunda volta un fallo mecánico da súa cadea, fixo que tivese que parar, o raider foi quen de reparar a incidencia e viuse relegado a septima posición.
Iago González intres antes da súa averia
O club felicitou a Uxía polo seu primeiro podio da temporada, xa que a raider levavao tentando xa dende algunhas xornadas.

A penúltima cita será en Ourense concretamente no Carballiño.












luns

Mini btt Maceda

O club ciclista Maceda organizaba a decimo quinta proba do calendario Galego de Minibtt, e ata alí desprazáronse varios compoñente do equipo.

Na reunión de directores o organizador propoñía unha volta menos os circuítos  Principiantes, Alevins, e Infantís alegando a festa organizada pola noite.. 

Iniciaba a proba Uxía Fernández na categoría promesa femia de primeiro ano, que a un circuíto a dúas voltas, a Ponteareán situábase terceira no sprint de saída e mantiña a posición pasada media volta, xa na primeira volta perdía algunha posición as rivais apretaban e finalmente entraba nunha meritoria sexta posición novamente rozando postos de podio.
Uxía camiño de meta.















Xa en categoría Alevin Iago Carrera corredor de primeiro ano na categoría, facía unha fenomenal saída pero un enganchon cun rival na primeira curva fixo perderlle tódalas posicións gañadas, tendo que volver a intentalo outra vez. Foi adiantando a algúns rivais e finalmente rematou as tres voltas o circuíto.O Ponteareán fixo unha excelente participación e deu leccións de como se baixa polas partes difíciles.




Iago Carrera esquivando a zona de area.



 Xa en categoría reina infantil  Iago González corredor de premer ano na categoría, enfrontábase os de segundo ano. O biker Ponteareán que saia na primeira praza rebentou a carreira cunha saída que o colocou no premer cuarto na cabeceira, e a partir de hai foi perdendo posicións ante a superioridade física dos de segundo ano. Ainda así tivo a ocasión de entrar na sexta praza e a piques estivo de acadar a quinta praza.
Iago no salto a piques de enfrontar a baixada. Foto Luz Iglesias


Temos que dicir que aínda que no regulamento están prohibidas as axudas, na carreira de Maceda observamos como o corredor local que ía por diante de Iago, tina unha caida e era axudado a levantarse e incluso como lle recuperaron a bicicleta que se foi o lado contrario, sinalar tamén como algúns recibiron avituallamento liquido.... algo que fai que a posición acadada tena moito valor


Mini Btt Porto do Son

O Club ciclista Sonense organizaba a decimo quinta proba do calendario Galego de minibtt, e optaron por un monte próximo a Porto do Son.
O deseño do circuíto moi duro para tódalas categorías, con moitas curvas de 180 graos e moitos repeitos practicamente nas ladeiras do monte.

Ata alí desprazáronse Uxía Fernández, onde a promesa femia a un circuíto a dúas voltas tentou por momentos postos de podio, nunha saída fantástica  no primeiro cuarto de volta  aguantaba a terceira praza pouco a pouco pasou a cuarta e logo a quinta posición, a raider rematou a proba nunha moi meritoria sexta praza.
Uxía remantando un repeito...........Fotos Luz Iglesias

Xa en categoría Alevin o raider de primer ano Iago Carrera facía unha fenomenal participación a un circuíto de dúas voltas, moito mais longo que a súa compañeira Uxía, Iago rematou a proba nunha meritoria cuadraxésima segunda posición.
Nunha saída de mais de medio cento de corredores, e tocándolle saír atrás foi case imposible ir recuperando postos, non tódolos raides remataron a proba, polo que só nos queda felicitalo.

Iago Carrera pasando pola zona de pedras.........Foto Luz Iglesias
Xa en categoría raíña Iago González infantil de premer ano facía unha das súas espectaculares saídas colocándose  no premer cuarto na cabeceira da proba, un problema mecánico  fixo que perdese ata seis postos, pero a sorte estivo do seu lado, solventando a situación remontou posicións ata chegar a o grupo do terceiro e cuarto, xa no último xiro o circuíto con curvas de 180 graos e estreitez  non permitiu poder facer un sprint, xa que do ultimo xiro a meta practicamente non houbo metros.Así e todo rematou nunha meritoria quinta praza de podio.
A dificultade añadiuse  xa que nesta proba as feminas saíron cuns minutos por diante o ser menos de cinco, e en moitas viraxes o ritmo de carreira houbo que paralo para ir adiantando.


Iago González liderando a proba.  Fotos Luz Iglesias
Iago González na quinta praza.


Dende o TeaBikes queremos felicitar o Club Ciclista Sonense por haber tido en conta os rapaces celíacos na elaboración dos seus avituallamentos.... parabens!!!!!